MUNDO LOIS: APROXIMACIÓN VISUAL Á OBRA DE LOIS PEREIRO
Mundo Lois é un espectáculo escénico ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, que pretende universalizar a través da imaxe a obra de Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O espectáculo, interpretado por Lino Braxe e Antela Cid e con música de Alexandro González, conta cun importante peso audiovisual. Búscase así que a linguaxe fresca e nova do poeta chegue ao público máis novo. “Lois Pereiro é un escritor da modernidade, que nos amosa como estar no mundo desde a cultura galega”, sinalou Reixa na presentación.
PARA ACCEDER Á WEB, CLICA AQUÍ: MUNDO LOIS
Sem comentários:
Enviar um comentário